As xornadas asistiron uns 100 responsables de explotacións agrarias ás que recollemos diariamente a leite. Dende Queixería Hoxe organizamos unhas xornadas técnicas de vacún de leite para os nosos gandeiros.

Lito Andión, o noso xerente, foi o encargado de inaugurar estas xornadas e fizo especial fincapé sobre “a importancia que teñen para Hoxe as explotacións gandeiras ás que recollemos o leite e axudamos cos nosos servizos de veterinarios na adecuación das súas explotacións e na mellora da súa produción de leite. Os nosos gandeiros dispoñen de explotacións agrarias pequenas e medianas, de carácter familiar que realizan pastoreo durante boa parte do ano como base fundamental da súa alimentación natural de herba e forraxe.”

Na xornada tamén estiveron presentes, José Santiso Lorenzo, falando sobre “graxa e proteina no leite” e Rubén González Vicente, que versou sobre “saúde da ubre”, ambos son veterinarios técnicos de Biona.

Á charla asistiron uns 100 responsables de explotacións agrarias aos que Hoxe recolle diariamente o leite, aos cales lles queremos dar as grazas pola súa asistencia. Todos eles son da Comarca do Deza (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, A Golada, Rodeiro e Dozón), así como tamén dos concellos de Arzúa y Forcarei.

Ao finalizar a xornada realizamos unha comida de fraternidad entre gandeiros, veterinarios e persoal de calidade de Queixos HOXE.