Elaboración

  • Na queixería da Cooperativa Hoxe situada en Prado (Lalín), elaboramos queixos galegos dende fai máis de 40 anos, seguindo a tradición das nosas queixeiras de sempre.
  • Ademáis das variedades con denominación de orixe como Queixo Tetilla e Arzúa- Ulloa, tamén elaboramos outras variedades de queixos como a barra galega, semicurados e cremosos.
  • O noso leite  provén de explotacións familiares galegas de tamaño pequeno e mediano que manteñen unha gandería tradicional.
  • Os pastos de secano e praos verdes de Galicia son a base da súa alimentación, ademáis de forraxes e cereais.
  • O proceso de elaboración faise de forma tradicional con callo enzimático e a maduración faise en cámaras de secado con ventilación por aire.