leite cru, leche cruda

O leite cru

O leite cru está moi de actualidade nos últimos tempos.

Por unha banda están os defensores do leite cru, que pensan que é mellor porque é saboroso e perde moitos nutrientes ó sometelo a tratamentos térmicos como o da pasteurización (tratar o leite a máis de 79 graos durante 17 segundos).

Pola outra banda están os profesionais sanitarios que alertan dos riscos que pode ter consumir leite cru que non é sometido a ningún proceso de esterilización ou pasteurización para eliminar os microorganismos patóxenos.

En España, xa fai 28 anos da prohibición do leite cru a granel por motivos sanitarios, hai pouco a Generalitat de Cataluña sacou un decreto para regular a produción, venda, transporte, envasado e etiquetaxe de este tipo de leite.

Os motivos de sacar este decreto parecen ser, o de revalorizar e diversificar as explotacións gandeiras, aproveitando unha demanda de consumidores minoritaria pero moi militante deste produto.

Os gandeiros produtores defenden o leite cru pola calidade e sabor, e minimizan os seus riscos alegando controis sanitarios elevados tanto dos animais como do manexo e muxido do leite.

Os profesionais sanitarios móstranse moi escépticos porque din que o leite cru non ofrece as garantías suficientes, e que existen moitos microorganismos “Listeria, Salmonella, Escherichia coli, Campylobater.etc.” que poden contaminar o leite e provocar infeccións gastrointestinais leves, aínda que potencialmente perigosas. Alegan, ademais, que sempre debe ser fervido, aínda que sexa leite cru, e se vai a ser fervido, a pasteurización ofrece mais garantías que o fervido na casa.

Isto ven á conta de que nos envases é obrigatorio indicar, segundo o decreto, que o leite debe ser fervido antes do seu consumo.

Outro argumento que está en debate, é sobre a composición e nutrientes, uns opinan, que se perden nutrientes coa pasteurización e os outros din, que o leite pasteurizado ofrece garantías sanitarias sen alterar a composición nin os nutrientes.

A OCU tamén alertou sobre o seu consumo, afirmando que o consumo de leite cru, leva consigo riscos sanitarios elevados. Advirte que:

“o leite cru, sen tratamento térmico, pode conter bacterias patóxenas e o seu consumo pode ocasionar problemas graves, especialmente en nenos, embarazadas e persoas maiores, entre os cales se describen casos de meninxite bacteriana”.

Afirma tamén, que unha vez que o leite é fervido na casa, as propiedades nutricionais deterióranse máis que coa pasteurización.

Pero en contra de toda as recomendacións que fan os expertos e autoridades sanitarias europeas, a Generalitat de Cataluña aprobou un decreto para a venda directa de leite cru, o mesmo que tiña previsto facer o estado español, aínda que de momento non pasou de borrador.

Os expertos sanitarios son claros e din que, o leite recén muxido pode levar bacterias como Salmonella, Listeria, E. Coli, Yersinia enterocolitica, etc… e se pasan do estómago do animal e prodúcennos unha intoxicación alimentaria, o máis común sería unha gastroenterite, pero tamén poden provocar cadros de meninxite, septicemia, listeria, etc….podendo mesmo causar a morte.

Entón, cal é a forma de consumir leite cru sen risco para a nosa saúde? Segundo expertos seguidores do leite cru, o mellor sería fervela de forma moi similar a como se facía sempre, antigamente dábanse tres fervidos antes do seu consumo en moitos dos fogares. Noutros casos haberá que facer un fervido moi similar o da pasteurización, fervela a 17 segundos a 79 graos, pero tamén e moi importante ter controlada a temperatura para a súa conservación, entre 1 ℃ e 4 ℃. Non parece fácil fervelo ben, porque os hábitos de vida actuais lévannos a consumir produtos de tratamento lixeiro, quentados no microondas, ou sen cociñado, e aí é onde tamén di a OCU que o consumidor non ten a información idónea para asumir tantos riscos co leite cru.

Agora cada un que chegue ás súas conclusións, o leite cru, similar ó leite de antes, pódese consumir ser ferver pero temos que asumir que ten riscos que poden ser leves ou mesmo graves. Un leite cru fervido nas condicións adecuadas podería ser case igual ó leite pasteurizado, tanto en propiedades como nutrientes.

O leite pasteurizado parece a mellor solución para a eliminación de riscos sempre que conserve o sabor e os seus nutrientes. Como tomas o leite?…a decisión e túa.

No comments yet.

Leave a Reply