Os preparados lácteos ou queixos artificiais

Os preparados lácteos ou queixos artificiais

Parecen queixo pero no o son

Nos lineais das tendas de alimentación e centros comerciais atopámosnos cada vez con máis produtos similares ao queixo, pero que non é queixo, e que o consumidor non é capaz de diferencialo claramente, sendo unha das razóns a súa apariencia e outra que está situado no lineal dos queixos, tema que consumo de Galicia debería correxir para evitar estas confusións.

O proceso de elaboración destos productos e moi distinto ao dos queixos naturais, e usan nomes que dan lugar a engano ou enganosos en moitos casos, “preparados lácteos de alta gama”, “especialidades lácteas”, etc.

Estes “preparados lácteos ou especialidades lácteas” son elaborados con ingredientes moito menos sans e naturais e distintos aos que se elabora o queixo.

O aceite ou graxa de palma adoita ser un dos seus ingredientes, por poñer un exemplo dun producto que é perxudicial para a saúde polas graxas saturadas que achega ao corpo human.

O Queixo

O queixo (natural), que se debe chamar QUEIXO simplemente, sen a palabra natural, porque xa se entende, obtense da callada enzimática do leite, formándose unha pasta sólida que unha vez unida e moldeada da lugar ao queixo.

O queixo é un alimento natural que aporta unha boa cantidade de vitaminas e minerais necesarios para os seres humanos, aínda máis para os nenos e as persoas de maior idade.

Os ingredientes do queixo son : leite, callo vexetal ou animal, fermentos lácticos, sal ou sen sal, e cloruro cálcico, que actúa como un coadyuvante. Ademais pode conter ou non, un conservante natural como a LISOZIMA, obtida da clara do ovo.

Se non vai envasado ó valeiro, atmósfera modificada, ou en parafina, ou calquera outro recubrimento, forma unha codia, que pode ser comestible ou non comestible, dependendo do tratamento exterior do queixo.

Os preparados lácteos

Os preparados lácteos

Os preparados lácteos

Os preparados lácteos ou especialidades lácteas, tamén chamados vulgarmente “queixos artificiais”, son elaborados de forma totalmente distinta, os ingredientes adoitan ser (queixos, graxas, sólidos lácteos, amidóns, sales fundentes, etc) moense, mesturanse e fúndense por calor, facendo unha mestura, que logo moldease e envasase a convir.

O principal ingrediente destes preparados lácteos é o queixo, ou mesmo recortes de queixo, queixos que por diversos motivos de calidade non se comercializa, poderíamos dicir que nestes produtos realizase unha reciclaxe do queixo.

Malia que estes preparados lácteos son feitos con queixos e outros productos alimentarios, conteñen máis calorías e as veces cantidades considerables de sal.

Normalmente véndense en lonchas ou en porcións, e o nome de “queixo” non parece por ningún sitio a non ser nos ingredientes polo que acredita que se é un ingredinte xa non é queixo.

Os preparados lácteos e especialidades lácteas, conteñen un alto contido calórico producidos polos ingredientes engadidos ao proceso de elaboración con todo son baixos en calcio en comparación cos queixos naturais.

Malia todo, o preparado lácteo ou especialidades lácteas posúe certas vantaxes técnicas fronte aos queixos tradicionais, son resistentes aos mofos, funden ben e son homoxéneos. A presenza de emulsificantes, fosfato sódico, fosfato potásico, citratos, etc. reducen a tendencia a formar pequenos coágulos. Nalgunhos casos utilizanse na súa elaboración saborizantes e potenciadores de sabor que engaden máis ingredientes artificiais a súa elaboración.

O prezo, principal reclamo

O principal reclamo é o prezo, son máis baratos para o consumidor e as veces como non os diferenza acaba decantándose por eles porque cree que merca queixo, tamén é mais doada a súa conservación debido a que os seus ingredientes foron sometidos a temperaturas altas na súa elaboración.

Como saber diferenciar o queixo do que non e queixo nos liniais

O primeiro, ler as etiquetas e buscar a palabra QUEIXO, se non o indica, desconfiemos totalmente, aínda que a súa aparencia non teña dúvida.

Segundo, o ingrediente fundamental do queixo é o LEITE e debe de ir en primeiro lugar. Se uno dos ingredientes é o queixo, evidentemente, ISO NON É QUEIXO.

En Galicia fanse moitas variedades de queixos naturais en distintos formatos, ademáis das catro variedades con Denominación de Orixe (Queixo Tetilla, Arzua Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro), tamen se fan queixos de barra para sándwich que se venden en charcuterías ou en bandexas de lonchas, estes queixos de callada enzimática son elaborados con ingredientes naturais, como o leite de vaca, e que non conteñen aditivos nin graxas engadidas polo que son mais sanos e naturais.

Non che deixes enganar, que o queixo sexa queixo !!

A saúde e moi importante, come san e natural, come queixo (natural)!!

 

Comments are closed.