Pan e queixo

Pan e queixo (se son galegos) saben a beixo!!

En Cooperativa HOXE estamos encantados de seguir participando nos obradoiros organizados por Vegalsa Eroski para que os máis pequenos aprendan a elaborar pan e queixo ao longo das súas distintas fases.

Durante estes talleres as nenas e nenos que participaron mostráronse en todo momento moi contentos, activos e participativos na elaboración destes produtos galegos.

Nesta ocasión estivemos no Eroski de Sixalbo, (Ourense).

Deixámosvos unha galería de imaxes nas que podedes ver o ben que o pasamos, e é que xa se sabe que:

pan e queixo (se son galegos) saben a beixo!!

Comments are closed.