Política de calidade
A Política de Calidade definida por COOPERATIVA HOXE SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA, como empresa dedicada á produción de queixo para o consumidor final e soro, manteiga ou leite para uso industrial, está enfocada á consecución do obxectivo principal que é satisfacer as expectativas e necesidades dos seus clientes, ofrecéndolles sempre un produto fresco e que cumpra con todas as garantías sanitarias.
Conseguilo nas mellores condicións de eficacia e prezo é condición indispensable para garantir a continuidade e incrementar a posición da nosa empresa no mercado. A Política de Calidade de COOPERATIVA HOXE SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA baséase no funcionamento dun Sistema de Xestión da Calidade para a mellora das súas actividades e consiste na realización das seguintes accións:
- Cumprir coa lexislación e normativa aplicables.
- Dispoñer de medios humanos e materiais adecuados para o servizo.
- Identificar e eliminar fontes de erro.
- Manter e ampliar a formación a todo o noso persoal.
- Reducir o nº de Non Conformidades e reclamacións de clientes.
- Dotar á empresa de equipos e instalacións que garantan a seguridade do noso persoal e da comunidade, así como o respecto ao medioambiente.
A Calidade afecta a todos os ámbitos de actuación de COOPERATIVA HOXE SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA e nace da actitude e do traballo diario de todas e cada unha das persoas que a integra, para iso é necesario que todo o persoal da empresa entenda, acepte e cumpra as directrices, procedementos e demais instrucións dos documentos que lle resulten aplicables.
A Dirección delega no Responsable de Calidade apoiando a súa actividade con obxecto de que estableza as medidas necesarias para que esta Política de Calidade sexa entendida, implantada e mantida ao día en todos os niveis da organización. Así mesmo, a Dirección de COOPERATIVA HOXE SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA comprométese a xestionar os recursos necesarios para cumprir esta Política así como os Obxectivos de Calidade concretos que se establecerán anualmente como base da mellora continua.
Por todo iso establecemos en COOPERATIVA HOXE SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA un Sistema de Xestión da Calidade baseado na Norma UNE-EN- ISO 9001:2015. O Responsable de Calidade, co apoio da Dirección, supervisa a súa implantación e mantemento.