Presentación O último caseiro

Presentación do libro “O último caseiro”

O Museo Ramón María Aller de Lalín acolleu a presentación do libro O último caseiro, de Xoán Carlos García Porral. Publicado por Edicións Fervenza, é unha obra ambientada no rural na que, a través de pequenos relatos, narrase a vida dun caseiro dende a súa niñez ata a súa vellez.

O acto contou ca presencia do autor; o ilustrador da obra, Caio Samos; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a profesora María Carmen Ares; o poeta e contador de contos Celso Fernández Sanmartín; e os xerentes das empresas Ausama e Cooperativa Hoxe, Miguel Villar e Lito Andión.

O último caseiro” son pequenas historias basadas en feitos reais dun casiero do rural galego, neste caso da zona de Lalin, pero podía ser de calqueira parte de Galicia interior. Narra a vida dun caseiro e a súa familia que padece as penurias, a pobreza, a escravitude e a inxustiza social de quen nace sen terras nin propiedades propias, o que lle obriga a traballar sempre para o amo.

Un total de 57 relatos divididos en tres etapas da vida de “Martiño”, o protagonista.

Dende HOXE queremos apoiar a nosa literatura, a nosa lingua e aos novos talentos da nosa terra. Realizamos unha pequena pero necesaria achega á sociedade de galega.

Comments are closed.