Arzúa Ulloa HOXE con denominación de orixe

Queixo Arzúa Ulloa
Queixo Arzúa UlloaQueixo Arzúa UlloaQueixo Arzúa Ulloa

Queixo Arzúa Ulloa

O queixo Arzúa Ulloa HOXE con denominación de orixe protexida é un queixo suave, con sabor lácteo e un toque lixeiramente ácido, pouco salgado e manteigoso. É de pasta cor branco marfil con poucos ollos e corteza fina.

O máis tradicional dos queixos galegos

O máis tradicional dos queixos galegos é elaborado en boa parte de Galicia dende hai centos de anos.

Un manxar con membrillo, con mel de Galicia, con pan artesano ou mesmo só. Fácil de usar na cociña porque funde moi ben por exemplo en pizzas ao forno. Bo tamén para freír e incluso para untar sobre pan ou galletas “mariñeiras”.

Tempo de maduración a partir de oito días.

Peza pequena 750 grs e peza grande 3 quilos.

Combina estupendamente con viños brancos xóvenes, ácidos e frescos, como os Ribeiros ou con tintos galegos xóvenes.

Compartir

O queixo de Cooperativa HOXE é un produto totalmente natural, obtido por callado enzimático do leite de vaca con alimentación en pastoreo na meirande parte do ano.

Na súa elaboración só empregamos materias primas naturais, leite, callo, fermentos lácticos e sal.

Os nosos queixos non conteñen ingredientes con colorantes nin aromas e só os que levan codia recóbrense con conservante de uso alimentario para que non teñan mofos.

Recoméndase non consumir a codia nestes queixos que levan codia.

Na nosa queixería elaboramos os queixos dende fai mais de 40 anos de forma tradicional, callada enzimática en cuba, enchido de moldes e prensado.

O secado faíse en cámaras con control de humidade e temperatura e logo envásase según as distintas variedades en caixas de cartón.

Valores medos por cada 100 gramos

Valor enerxético337 Kcal
Graxas

Das cales, saturadas

29,1 g

20,02 g

Hidratos de carbono

Dos cales azúcares

0,8 g

0,5 g

Proteínas18,0 g
Sal1,25 g