Nabiciña Hoxe

Nabiciña Hoxe

O queixo Nabiciña Hoxe é un queixo suave, cun sabor a leite fresco recentemente ordeñada, pouco salgado e manteigoso. Ten unha pasta cor branca marfil.

A súa pasta branca, con poucos ollos repartidos regularmente é cremosa e uniforme, ideal para acompañala con pans da artesanía galega. Preséntase nun formato pequeno axeitado para persoas que viven soas.

Tempo de maduración a partir de oito días.

Peza 500 grs.

Marida con zumes naturais de laranxa, tomate e incluso con cervexas suaves.

 

 

Compartir

O queixo de Cooperativa HOXE é un produto totalmente natural, obtido por callado enzimático do leite de vaca con alimentación en pastoreo na meirande parte do ano.

Na súa elaboración só empregamos materias primas naturais, leite, callo, fermentos lácticos e sal.

Os nosos queixos non conteñen ingredientes con colorantes nin aromas e só os que levan codia recóbrense con conservante de uso alimentario para que non teñan mofos.

Recoméndase non consumir a codia nestes queixos que levan codia.

A elaboración é de forma tradicional. Énchense os moldes, prénsanse para que tomen a forma e textura adecuada. Oréanse os queixos en cámaras de maduración, recúbrense as cortezas para que non florezan os mohos e embálanse en caixas para seu posterior envío ás tendas.

Valores medios por cada 100 gramos

Valor enerxético337 Kcal
Graxas

Das cuales, saturadas

29,1 g

20,02 g

Hidratos de carbono

Dos cales azúcares

0,8 g

< 0,5 g

Proteínas18,0 g
Sal1,25 g