O queixo a Queixeira é de pasta lixeiramente prensada, moi branda e cremosa, textura untuosa, sabor suave e doce, como a iogurt ou leite fresco. Está elaborado con leite pasteurizado de vaca.

Este queixo vai nunha caixiña de madeira porque é tan cremoso que podería perder a forma tradicional. Antigamente estos queixos envolvíanse en panos ou telas.

Na cociña pódese utilizar en carnes e peixes porque non enmascara o sabor natural dos pratos.

Tempo de maduración a partir de nove días. Preséntase en peza pequena de 800 grs e en peza grande de 3 quilos.

Combina perfectamente con vermú galego e viños brancos xóvenes de Ribeiro e Rias Baixas (Albariño).

Valores medios por cada 100 gramos

VALOR ENERXÉTICO 337 KCAL
Graxas

Das cuales, saturadas

27 g

18 g

Hidratos de carbono

Dos cales azúcares

1 g

0,5 g

Proteínas 18,0 g
Sal 1,2 g

Na nosa queixería elaboramos os queixos dende fai mais de 40 anos de forma tradicional, callada enzimática en cuba, enchido de moldes e prensado.

O secado faíse en cámaras con control de humidade e temperatura e logo envásase según as distintas variedades en caixas de cartón.

Privacy Preference Center