O queixo de barra tradicional NENO sen lactosa é de pasta prensada e de cor branco amarelo, cunha textura firme e elástica. O seu sabor é suave a leite de vaca e lixeiramente doce.

É a mellor opción para os que queren dixestións máis lixeiras sen renunciar a todo o sabor e propiedades do mellor queixo galego.

Tempo de maduración a partir de 12 días. Peza 3 quilos e bandexas de 200 gramos.

É un queixo ideal para sandwich e bocadillos, tamén para pizzas e hamburguesas porque funde moi ben.

A elaboración é de forma tradicional. Énchense os moldes, prénsanse para que tomen a forma e textura adecuada. Oréanse os queixos en cámaras de maduración, recúbrense as cortezas para que non florezan os mohos e embálanse en caixas para seu posterior envío ás tendas.

Privacy Preference Center