Queixo Madurado Hoxe

Queixo Madurado Hoxe

O Queixo Madurado HOXE ten uhna pasta de cor branca amarelada, textura firme e sabor persistente.

Este queixo é perfecto para comer só, pero tamén con aceites fortes, anchoas ou sardiñas en conservas.

Tempo de maduración a partir de 15 días.

Marida moi ben con viños tintos madurados en barrica, como Ribeira Sacra, Monterrei ou Valdeorras e con cervexas artesás galegas con corpo.

 

Compartir

O queixo de Cooperativa HOXE é un produto totalmente natural, obtido por callado enzimático do leite de vaca con alimentación en pastoreo na meirande parte do ano.

Na súa elaboración só empregamos materias primas naturais, leite, callo, fermentos lácticos e sal.

Os nosos queixos non conteñen ingredientes con colorantes nin aromas e só os que levan codia recóbrense con conservante de uso alimentario para que non teñan mofos.

Recoméndase non consumir a codia nestes queixos que levan codia.

A elaboración é de forma tradicional. Énchense os moldes, prénsanse para que tomen a forma e textura adecuada. Oréanse os queixos en cámaras de maduración, recúbrense as cortezas para que non florezan os mohos e embálanse en caixas para seu posterior envío ás tendas.

Valores medios por cada 100 gramos

Valor enerxético413 Kcal
Graxas

Das cales, saturadas

34,5 g

23,6 g

Hidratos de carbono

Dos cales azúcares

1,7 g

< 0,6 g

Proteínas23,9 g
Sal2,84 g