O queixo madurado sen lactosa NENO está elaborado con leite pasteurizado de vaca, co sabor e as propiedades do queixo natural pero sen lactosa.

Este queixo é rico en proteínas, calcio, potasio, fósforo e vitaminas A, ademais de achegar ferro e vitaminas D e K.

Na elaboración engádese a encima da lactasa, rompendo a lactosa en compoñentes digeribles para as persoas intolerantes á lactosa.

O queixo madurado sen lactosa NENO conserva o sabor natural do queixo brando e cremoso pero non contén lactosa.

Compartir

O queixo da Cooperativa HOXE é un produto totalmente natural, obtido por callado enzimático do leite de vaca pasteurizado. As nosas vacas fan alimentación en pastoreo na meirande parte do ano.

Na súa elaboración só empregamos materias primas naturais, leite, callo, fermentos lácticos e sal.

Os nosos queixos non conteñen ingredientes con colorantes nin aromas e só os que levan codia recóbrense con conservante de uso alimentario para que non teñan mofos.

Recoméndase non consumir a codia nestes queixos que levan codia.

Na nosa queixería elaboramos os queixos dende fai mais de 40 anos de forma tradicional, callada enzimática en cuba, enchido de moldes e prensado.

O secado faíse en cámaras con control de humidade e temperatura e logo envásase según as distintas variedades en caixas de cartón.

Valores medios por cada 100 gramos

Valor enerxético364 Kcal
Graxas

Das cales, saturadas

31,7 g

21,51 g

Hidratos de carbono

Dos cales azúcares

Dos cales lactosa

3,4 g

0,9 g

<0,01 g

Proteínas20,1 g
Sal1,2 g