O queixo da Cooperativa HOXE é un produto totalmente natural, obtido por callado enzimático do leite de vaca pasteurizado. As nosas vacas fan alimentación en pastoreo na meirande parte do ano.
Na súa elaboración só empregamos materias primas naturais, leite, callo, fermentos lácticos e sal.
Os nosos queixos non conteñen ingredientes con colorantes nin aromas e só os que levan codia recóbrense con conservante de uso alimentario para que non teñan mofos.
Recoméndase non consumir a codia nestes queixos que levan codia.