Queixo Tetilla Hoxe con denominación de orixe

Queixo Tetilla Hoxe

Queixo Tetilla

O Queixo Tetilla Hoxe é de pasta branda lixeiramente prensada cun ton amarelo claro. Ten unha cortiza fina e interior cremoso e un olor a leite fresca e un toque lixeiramente ácido.

O máis universal dos queixos galegos

É o máis universal dos queixos galegos, elaborado dende hai séculos é un dos produtos que máis se identifican coa gastronomía galega. Tetilla Hoxe é un queixo de textura pastosa que debe conservarse en sitio fresco, pero que debe ser sacado unhas horas antes de ser consumido. Pode ser comido tal cal ou acompañalo con marmelo ou con mel de Galicia.  Funde moi ben polo que se aconsella en pratos ao forno acompañando a carnes, peixes e incluso con polbo.

Tempo de maduración a partir de 9 días.

Peza pequena 850 grs e peza grande 1 kilo e 200 grs. O Queixo tetilla Hoxe ten todas as características que inclúe a denominación de orixe e a garantía de calidade de Hoxe Queixos.

Marida con viños brancos suaves de Galicia, Ribeiro e Rias Baixas (Albariño).

Compartir

O queixo de Cooperativa HOXE é un produto totalmente natural, obtido por callado enzimático do leite de vaca con alimentación en pastoreo na meirande parte do ano.

Na súa elaboración só empregamos materias primas naturais, leite, callo, fermentos lácticos e sal.

Os nosos queixos non conteñen ingredientes con colorantes nin aromas e só os que levan codia recóbrense con conservante de uso alimentario para que non teñan mofos.

Recoméndase non consumir a codia nestes queixos que levan codia.

Na nosa queixería elaboramos os queixos dende fai mais de 40 anos de forma tradicional, callada enzimática en cuba, enchido de moldes e prensado.

O secado faíse en cámaras con control de humidade e temperatura e logo envásase según as distintas variedades en caixas de cartón.

Valores medios por cada 100 gramos

Valor enerxético337 Kcal
Graxas

Das cales, saturadas

29,1 g

20,02 g

Hidratos de carbono

Dos cales azúcares

0,8 g

> 0,5 g

Proteínas18,0 g
Sal1,25 g