Queixo Cremosiño Nai

Queixo Cremosiño Nai

O Queixo  Cremosiño Nai ten unha pasta lixeiramente prensada, moi branda e cremosa, textura untuosa, sabor suave e doce, como a iogurt ou leite fresca.

Este queixo vai nunha caixiña de madeira porque é tan cremoso que podería perdela forma tradicional. Antigamente estes queixos envolvianse en panos ou teas.

Na cociña pódese utilizar com carnes e peixes porque non enmascara o sabor natural dos pratos.

Tempo de maduración a partir de 9 días.

Peza pequena 800 grs, peza grande 3 kilos.

Combina perfectamente con vermú galego e viños brancos xóvenes de Ribeiro e Rias Baixas (Albariño).

Compartir

O queixo de Cooperativa HOXE é un produto totalmente natural, obtido por callado enzimático do leite de vaca con alimentación en pastoreo na meirande parte do ano.

Na súa elaboración só empregamos materias primas naturais, leite, callo, fermentos lácticos e sal.

Os nosos queixos non conteñen ingredientes con colorantes nin aromas e só os que levan codia recóbrense con conservante de uso alimentario para que non teñan mofos.

Recoméndase non consumir a codia nestes queixos que levan codia.

Na nosa queixería elaboramos os queixos dende fai mais de 40 anos de forma tradicional, callada enzimática en cuba, enchido de moldes e prensado.

O secado faíse en cámaras con control de humidade e temperatura e logo envásase según as distintas variedades en caixas de cartón.

Valores medos por cada 100 gramos

Valor enerxético337 Kcal
Graxas

De las cuales, saturadas

27 g

18 g

Hidratos de carbono

De los cuales azúcares

1 g

0,5 g

Proteínas18,0 g
Sal1,2 g