Queixo Cremosiño HOXE con faragullas e ovos de paspallás

Queixo Cremosiño HOXE con faragullas e ovos de paspallás

Queixo Cremosiño HOXE con faragullas e ovos de paspallás

Ingredientes

  • 400 grs de queixo Cremosiño Hoxe
  • Un cordón de nata líquida
  • Aceite de oliva
  • 2 Dentes de allo enteiro con pel
  • Paprica
  • Sal e Pementa
  • 1 Barra de Pan do día anterior
  • Auga para remollar as faragullas
  • 12 Ovos de paspallás fritos ou escalfados

Pasos a seguir

  1. Para o queixo trituramos este cun pouco de nata ata quedar con textura de nata montada, metemos en manga con boquilla rizada.
  2. Para as faragullas desmigamos o pan finamente e espolvoreamos cun pouco de auga sen encharcar moito o pan. Queda moito mellor se o deixamos dun día para outro. Douramos os allos en aceite de oliva, retiramos e incorporamos as faragullas de pan, traballamos ata que perdan a humidade e queden secas, salpimentamos e incorporamos un pouco de paprica, mesturamos ben e reservamos.
  3. Fritimos os ovos de paspallás.

Acabado e presentación

Sobre un prato ou culleriña “ming” engadimos no fondo un pouco das faragullas, encima colocamos os ovos de paspallás e terminamos cunha  roseta do queixo  cremosiño, decoramos ao gusto.

 

No comments yet.

Leave a Reply