Solombos recheos de Hoxe Queixos

Solombo recheo de Queixo, Améndoas e Espinacas

Propoñémosvos esta rica receita, Solombo recheo de Queixo, Améndoas e Espinacas,  que nos elaborou Davinia Rielo Crespo que é a propietaria e cociñeira do magnífico restaurante Catro Camiños, situado na parroquia de Cercio (Lalín), onde a podes probar.

Para a crema de queixo

Solombo recheo de Queixo, Améndoas e Espinacas

Pasos a seguir

  1. Abrir os solombos e salpimentar
  2. Cocer as espinacas cun pouco de sal. Escurrilas ben e secalas con papel de cociña para evitar que leven auga.
  3. Torrar as améndoas.
  4. Cortar o queixo en cachos non moi grosos
  5. Encher o solombo e atalo o mellor posible para evitar que salga o queixo.
  6. Dourar os solombos en aceite de oliva ben quente e colocalos nunha placa de forno. Cocíñaos sobre 18-22 minutos a unha temperatura de 180 graos.
  7. Na tixola onde douramos os solombos, poñemos o queixo Cremosiño Nai e máis a nata líquida. Deixamos que ferva e salpimentamos ao gusto. Deixamos reducir un pouquiño.
  8. Emplatamos con acompañamento de patacas fritas.
 Prato de Salombo con Queixos Hoxe
Comments are closed.