Ingredientes:

✅50 g de manteiga 🧈

✅60 g de fariña 🌾

✅500 ml de leite enteira 🥛

✅150 g de Queixo HOXE (Arzúa-Ulloa DOP) 🧀

✅Sal, pementa e noz moscada ao gusto

✅Fariña, ovo batido e pan relado para rebozar 🍳

 

Preparación:

1️⃣ Derrete a manteiga nunha tixola e engade a fariña, mesturando ben ata formar unha pasta.

2️⃣ Engade o leite pouco a pouco, sen deixar de remexer, ata conseguir unha bechamel cremosa.

3️⃣ Incorpora o queixo HOXE e deixa que se derreta completamente. Engade sal, pementa e un toque de noz moscada.

4️⃣ Verte a mestura nunha fonte e deixa arrefriar unhas horas na neveira.

5️⃣ Forma as croquetas, pásaas por fariña, ovo e pan relado.

6️⃣ Fríe en aceite quente ata que estean douradiñas. 🔥

Crocantes por fóra, cremosas por dentro…