Coa cultura galega

Hoxe Queixos é unha sociedade cooperativa rural agraria moi orgullosa da súa terra, Galicia. Como sociedade de interés social, apostamos polos valores solidarios que proporcionen unha vida máis humana e sostible, mediante un modelo de negocio ético e socialmente responsable.

Colaboramos con diversas sociedades e escolas deportivas da bisbarra do Deza que practican distintas variedades de deportes: rugby, balonmán, fútbol, etc. Fora das nosas fronteiras, dende fai moitos anos, colaboramos económicamente cunha pequena axuda ca organización non lucrativa Acción Contra el Hambre. Somos patrocinadores da sociedade galega non lucrativa Amigos de Galicia. Participamos de forma activa en organismos e con entidades que fomenten a cultura galega e o noso idioma, o gallego. Estamos comprometidos con Galicia, e os nosos produtos están etiquetados en galego.

Hoxe Queixos: máis ala das etiquetas en galego

Somos parte da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros. Un amplio abanico de empresas convocadas polo Foro E. Peinador que etiquetamos no noso idioma, o galego. Firmamos a Carta de Consumo Responsable e Solidario ao igual que moitas outras empresas e corporacións locais. Así mesmo, participamos na que se pode chamar histórica confluencia para ampliar o número de consumidores que fagan viables as nosas explotacións agrarias e as industrias de transformación agroalimentarias. O Parlamento de Galicia manifestou de forma unánime o apoio as marcas comerciais que incorporan a lingua galega nas súas etiquetas.

Presentación do libro O último caseiro

Presentación do libro O último caseiro

Apoiamos en forma de patrocinio económico a edición e publicación de libros en galego a través da editorial Edicións Fervenza.

Entendemos que os nosos productos teñen unha tradición, un orixen e non debemos renunciar a eles, senón todo o contrario: sentirnos orgullosos do noso e pontecialo. 

 

Carta de Consumo Responsable e Solidario