Que facemos

Elaboración

  • Na queixería da Cooperativa HOXE situada en Prado (Lalín), elaboramos queixos galegos dende fai máis de 40 anos, seguindo a tradición das nosas queixeiras de sempre.
  • Ademáis das variedades con denominación de orixe como Queixo Tetilla e Arzúa-Ulloa, tamén elaboramos outras variedades de queixos como a barra galega, semicurados e cremosos.
  • O noso leite  provén de explotacións familiares galegas de tamaño pequeno e mediano que manteñen unha gandería tradicional.
  • Os pastos de secano e prados verdes de Galicia son a base da súa alimentación, ademáis de forraxes e cereais.
  • O proceso de elaboración faise de forma tradicional con callo encimático e a maduración faise en cámaras de secado con ventilación por aire.

Denominación de Orixe Protexida Tetilla

O queixo tetilla é sen dúbida un dos produtos que máis se identifica coa gastronomía galega e ademais está riquísimo.

Son ideais para cociñar

Son ideais para sándwich e bocadillos, tamén para pizzas e hamburguesas, xa que funden moi ben.

Queixo Madurado

O queixo madurado HOXE ten textura firme e sabor persistente.

Queixería HOXE

HOXE Sociedade Cooperativa Galega é una empresa agraria rural de carácter cooperativo. Fundada por gandeiros no ano 1971, transforma o leite de vaca recollido nun cento de explotacións agrarias familiares situadas na comarca do Deza e nas súas zonas limítrofes do norte da provincia de Pontevedra.