Queixos galegos con tradición

Os queixos da Cooperativa Hoxe son un produto galego de calidade. Os nosos queixos son elaborados só con produtos naturais. A leite é recollida tódolos días en explotacións gandeiras familiares galegas. As vacas están en réxime de pastoreo e nas mellores condicións para a saúde animal.

Contamos cunha amplia variedade de queixos galegos perfectos para celebrar ocasións especiais ou para situacións cotiás, pero tamén para cociñar as máis exquisitas receitas (consulta receitas na nosa páxina web).

Os nosos queixos Hoxe elabóranse de forma tradicional seguindo métodos de antaño. Por eso conservan o sabor característico dos queixos galegos.

Na nosa tenda online encontrarás lotes de degustación dos nosos queixos.