Coa elaboración do queixo O Camiño HOXE quixemos facer unha homenaxe, unha lembranza ao Camiño de Santiago e a tantos peregrinos que día tras día visítannos e pasan pola nosa queixería HOXE que se atopa situada en plena Vía da Prata, co Camiño Sanabrés e o Camiño de Inverno.
O queixo O Camiño HOXE é un queixo Arzúa Ulloa con denominación de orixe protexida, un queixo suave con sabor lácteo e un toque lixeiramente ácido, pouco salgado e manteigoso. É de pasta cor branco marfil con poucos ollos e corteza fina. Está elaborado con leite pasteurizado de vaca.
Un manxar con marmelo, con mel de Galicia, con pan artesano ou mesmo só. Fácil de usar na cociña porque funde moi ben por exemplo en pizzas ao forno. Bo tamén para fritir e incluso para untar sobre pan ou galletas “mariñeiras”.
Tempo de maduración a partir de oito días. Peza 740 g.
Combina estupendamente con viños brancos xóvenes, ácidos e frescos, como os Ribeiros ou con tintos galegos xóvenes.
Valores medos por cada 100 gramos
VALOR ENERXÉTICO | 337 KCAL |
---|---|
Graxas
Das cales, saturadas |
29,1 g
20,02 g |
Hidratos de carbono
Dos cales azúcares |
0,8 g
0,5 g |
Proteínas | 18,0 g |
Sal | 1,25 g |
Na nosa queixería elaboramos os queixos dende fai mais de 40 anos de forma tradicional, callada enzimática en cuba, enchido de moldes e prensado.
O secado faíse en cámaras con control de humidade e temperatura e logo envásase según as distintas variedades en caixas de cartón.