Queixo Tetilla
O Queixo Tetilla HOXE é de pasta branda lixeiramente prensada cun ton amarelo claro. Ten unha codia fina, interior cremoso, un olor a leite fresco e un toque lixeiramente ácido. Está elaborado con leite pasteurizado de vaca.
O máis universal dos queixos galegos
É o máis universal dos queixos galegos, elaborado dende hai séculos é un dos produtos que máis se identifican coa gastronomía galega. Tetilla Hoxe é un queixo de textura pastosa que debe conservarse en sitio fresco, pero que debe ser sacado unhas horas antes de ser consumido. Pode ser comido tal cal ou acompañalo con marmelo ou con mel de Galicia. Funde moi ben polo que se aconsella en pratos ao forno acompañando a carnes, peixes e incluso con polbo.
Tempo de maduración a partir de 9 días.
Peza 850 g. O Queixo tetilla Hoxe ten todas as características que inclúe a denominación de orixe e a garantía de calidade de Hoxe Queixos.
Marida con viños brancos suaves de Galicia, Ribeiro e Rias Baixas (Albariño).
Valores medios por cada 100 gramos
VALOR ENERXÉTICO | 337 KCAL |
---|---|
Graxas
Das cales, saturadas |
29,1 g
20,02 g |
Hidratos de carbono
Dos cales azúcares |
0,8 g
> 0,5 g |
Proteínas | 18,0 g |
Sal | 1,25 g |
Na nosa queixería elaboramos os queixos dende fai mais de 40 anos de forma tradicional, callada enzimática en cuba, enchido de moldes e prensado.
O secado faíse en cámaras con control de humidade e temperatura e logo envásase según as distintas variedades en caixas de cartón.