1 Madurado HOXE
O Queixo Madurado HOXE ten uhna pasta de cor branca amarelada, textura firme e sabor persistente. Este queixo é perfecto para comer só, pero tamén con aceites fortes, anchoas ou sardiñas en conservas.
Tempo de maduración a partir de 15 días.
Peza 800g.

1 Priorato de Carboeiro
O queixo Priorato de Carboeiro HOXE ten a pasta prensada, de cor branco marfil e textura firme e compacta. Elaborado con leite de vaca, ten sabor a queixo curado. Na cociña é excelente para usar como queixo rallado en pratos de pasta.
Tempo de maduración 20 días.
Formato: peza de un kilo

1 O Camiño
O queixo O Camiño HOXE é un queixo Arzúa Ulloa con denominación de orixe protexida, un queixo suave con sabor lácteo e un toque lixeiramente ácido, pouco salgado e manteigoso. É de pasta cor branco marfil con poucos ollos e corteza fina. Está elaborado con leite pasteurizado de vaca.
O queixo O Camiño HOXE ten todas as características que inclúe a denominación de orixe protexida Arzúa-Ulloa e a garantía de calidade de HOXE Queixos.
Tempo de maduración a partir de oito días.
Formato: Peza 750g

1 NENO Bola Roja de 800grs

O queixo NENO ROJO é de pasta prensada e de cor branco amarelo, cunha textura firme e elástica. O seu sabor é suave a leite de vaca e lixeiramente doce.

Queixo con codia parafinada está envolto en papel de celofán o que permite unha excelente maduración.

Tempo de maduración a partir de 12 días.

Peza de 800 gramos.

É un queixo ideal para sandwich e bocadillos, tamén para pizzas e hamburguesas porque funde moi ben.

1 Tetilla
O Queixo Tetilla HOXE con denominación de orixe protexida é de pasta branda lixeiramente prensada cun ton amarelo claro. Ten unha codia fina, interior cremoso, un olor a leite fresco e un toque lixeiramente ácido. Está elaborado con leite pasteurizado de vaca.
Tempo de maduración a partir de nove días.
Formato: Peza de 900 grs
O Queixo tetilla Hoxe ten todas as características que inclúe a denominación de orixe protexida e a garantía de calidade de HOXE Queixos.

1 A Queixeria
O queixo a Queixeira é de pasta lixeiramente prensada, moi branda e cremosa, textura untuosa, sabor suave e doce, como a iogurt ou leite fresco. Está elaborado con leite pasteurizado de vaca.
Este queixo vai nunha caixiña de madeira porque é tan cremoso que podería perder a forma tradicional. Antigamente estos queixos envolvíanse en panos ou telas.
Tempo de maduración a partir de nove días.
Formato: Peza de 800grs.

Privacy Preference Center