Queixos galegos HOXE, garantía de calidade
Os queixos galegos HOXE, son garantía de calidade e saber facer. A Cooperativa HOXE S.C.Galega é unha sociedade agraria e gandeira de carácter cooperativo fundada no ano 1971 por gandeiros e agricultores galegos, que tendo intereses comúns, uníronse para crear unha sociedade mercantil de carácter social para poder comercializar de forma conxunta a súa produción de leite. Dita produción transformárona noutros produtos lácteos que lles aportaron un valor engadido as súas explotacións.
A comezos dos anos 80 constrúense as actuais instalacións en Prado – Lalín e decídese transformar o leite das súas ganderías en produtos elaborados (iogur, leite pasteurizado, preparados lácteos e queixos) cerrando o ciclo de produción en Galicia.
A partir dos anos 90 elaboramos só queixo, transformando o leite de máis de 100 explotacións agrarias galegas da bisbarra do DEZA (concellos de Lalín, Silleda, Vila de Cruces, A Golada, Rodeiro e Dozon) e tamén de algún concello limítrofe como Arzúa.
Explotacións gandeiras de carácter familiar
Son por tanto, explotacións gandeiras galegas familiares propias que son axudadas polos nosos servizos de veterinarios na adecuación das súas instalacións e na mellora da súa produción de leite. Os nosos gandeiros dispoñen de explotacións agrarias pequenas ou medianas de carácter familiar que realizan pastoreo durante boa parte do ano como base fundamental da súa alimentación natural con pastos de herba e forraxes.
As nosas instalacións actuais son unha queixería situada en Prado-Lalín (Pontevedra), onde transformamos sobre 40 mil litros diarios de leite que recollemos tódolos días, elaborando ao ano máis de 1 millón de quilos de distintas variedades de queixo como: Tetilla, Arzúa Ulloa, barra galega, cremosos, semicurados, con contido reducido en graxa, sen sal…etc.
As nosas marcas comerciais son HOXE, DEZA, A QUEIXEIRA HOXE, NENO, CREMOSIÑO HOXE, LENDAS…, son queixos galegos de máxima calidade.
Ao ser unha empresa cooperativa de interese social, os traballadores son un valor moi importante na mesma, sendo case na súa totalidade empregos fixos e con condicións laborais razoables e estables.
Case a totalidade dos nosos queixos véndense en Galicia e os principais clientes son supermercados e grandes superficies, aínda que tamén temos distribuidores para o servizo en hostalería. Estamos presentes en tendas gourmet de grandes ciudades como Madrid e Barcelona, fundamentalmente con queixos de Denominación con Orixe Tetilla e Arzúa Ulloa.
En canto a premios, poderíamos destacar o Premio do Ministerio de Agricultura como Mellor queixo de España de pasta branda ao Queixo Tetilla HOXE no ano 2003. No ano 2017 fomos galardoados por Carrefour e os seus clientes como a “Mellor Peme Agroalimentaria Galega”.
A nosa Cooperativa está certificada por Bureau Veritas conforme á norma ISO 9001:2015.