Queixo A Queixeira Hoxe

O queixo a Queixeira é de pasta lixeramente prensada, moi branda e cremosa, textura untuosa, sabor suave e doce, como a iogurt ou leite fresco.

Este queixo vai nunha caixiña de madeira porque é tan cremoso que podería perder a forma tradicional. Antiguamente estos queixos envolvíanse en panos ou telas.

Na cociña pódese utilizar en carnes e peixes porque non enmascara o sabor natural dos pratos.

Tempo de maduración a partir de nove días.

Peza pequena 800 grs e peza grande 3 quilos.

Combina perfectamente con vermú galego e viños brancos xóvenes de Ribeiro e Rias Baixas (Albariño).

Compartir

O queixo de Cooperativa HOXE é un produto totalmente natural, obtido por callado enzimático do leite de vaca con alimentación en pastoreo na meirande parte do ano.

Na súa elaboración só empregamos materias primas naturais, leite, callo, fermentos lácticos e sal.

Os nosos queixos non conteñen ingredientes con colorantes nin aromas e só os que levan codia recóbrense con conservante de uso alimentario para que non teñan mofos.

Recoméndase non consumir a codia nestes queixos que levan codia.

Na nosa queixería elaboramos os queixos dende fai mais de 40 anos de forma tradicional, callada enzimática en cuba, enchido de moldes e prensado.

O secado faíse en cámaras con control de humidade e temperatura e logo envásase según as distintas variedades en caixas de cartón.

Valores medios por cada 100 gramos

Valor enerxético337 Kcal
Graxas

Das cuales, saturadas

27 g

18 g

Hidratos de carbono

Dos cales azúcares

1 g

0,5 g

Proteínas18,0 g
Sal1,2 g