Queixo de pasta prensada, de cor branco, textura firme e elástica. Sabor suave a leite de vaca e lixeiramente doce.
O queixo de barra galega NENO é un queixo coa mesma calidade que o tradicional, pero con menos graxa e menos sal. Elaborado con leite semidesnatado pasteurizado de vaca.
Tempo de maduración a partir de 12 días.
Peza 3 kilos envasado ao vacío con bolsa retráctil e bandexas de 200 gramos, cada bandexa contén 10 liscos de queixo.
É un queixo ideal para sandwich e bocadillos, tamén para pizzas e hamburguesas, funde ben.
A elaboración é de forma tradicional. Énchense os moldes, prénsanse para que tomen a forma e textura adecuada. Oréanse os queixos en cámaras de maduración, recúbrense as cortezas para que non florezan os mohos e embálanse en caixas para seu posterior envío ás tendas.