Parella Queixos Tetilla Denominacion de Orixe Protexida HOXE

Queixo Tetilla HOXE con Denominación de Orixe Protexida

O noso Queixo Tetilla HOXE con Denominación de Orixe Protexida forma parte da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla que é unha indicación xeográfica protexida.

Unha Denominación de Orixe é unha indicación xeogáfica aplicada a un produto, xeralmente alimentario, con unas características e calidades que son exclusivas dun medio xeográfico no que se produce, transforma, elabora e envasa.

Distinguese doutros produtos alimentarios similares que se producen noutras rexions, polo proceso de elaboración, que adoita ser un proceso con técnicas de elaboración tradicionais, e dicir, pouco industrial e con materias primas orixinais da zona de producción. Os produtores que se acollen a Denominación de Orixe, comprométense a manter a calidade do produto elaborado o máis alta posíbel.

A zona de produción do leite axeitado para a elaboración dos queixos acollidos pola Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla comprende todo o territorio de Galicia.

Mapa Denominacion de Orixe Protexida

Mapa Denominación de Orixe Protexida Queixos Galicia

Para a elaboración do queixo protexido por esta denominación empregarase o leite natural íntegro, procedente do ordeño de vacas das razas rubia galega, frisoa ou pardo alpina, ou das súas cruces.

A alimentación do gando basearase fundamentalmente nos pastos e forraxes dá área de produción e aproveitarase o libre pastoreo.

O leite utilizado non conterá calostros, nin conservantes, nin inhibidores ou produtos medicamentosos que poidan incidir negativamente na elaboración, maduración e conservación do queixo, así como nas condicións hixiénicas e sanitarias deste.

Ao termo da súa maduración o Queixo tetilla presentará as seguintes características básicas:

Características organolépticas do queixo tetilla:

  • Codia: apreciable, fina e elástica, de menos de 3 mm de espesor, cor amarela palla natural e sen mofos.
  • Pasta: branda, cremosa e uniforme, sen presenza de ollos ou con poucos ollos pequenos e repartidos; cor branca-marfil, amarelada.
  • Cheiro: suave, lixeiramente acedo e que en conxunto lembra ao leite.
  • Sabor e aroma: lácteo, mantecoso, lixeiramente acedo e salgado suave.

Características físicas do queixo tetilla:

  • Forma: cónica, cóncava-convexa.
  • Peso: de 0,50 a 1,5 kg.
  • Dimensións: altura superior ao radio da base e inferior ou igual ao diámetro.
  • Máximo: 150 mm de altura e diámetro da base.
  • Mínimo: 90 mm de altura e diámetro da base.

Características fisicoquímicas do queixo tetilla:

  • Porcentaxe de materia graxa sobre extracto seco: 45 % mínimo.
  • Porcentaxe de extracto seco: mínimo de 45 %. ? pH: de 5,0-5,5.
  • Porcentaxe de auga en materia non graxa (medido entre os 8 e os 15 días desde a elaboración): entre o 66 e o 72 %.

Queixo Tetilla Hoxe con Denominación de Orixe Protexida

Queixo Tetilla Hoxe, peza grande, 1 quilo 200 grs

Etiquetas

Os queixos comercializados ao amparo da Denominación de Orixe con destino ao consumo, tras opter a súa certificación como aptos de acordo coas prescricións do regulamento e do Manual de Calidade levarán unha contraetiqueta de codificación alfanumérica e numeración correlativa que incluirá o logotipo da denominación.

O Consello regulador da Denominación de Orixe, é o que avala e autoriza a exhibir esa calificación aos productores de Galicia que cumpren con esas regras establecidas.

A calificación garante o consumidor un nivel de calidade máis ou menos constante e tamen o mantemento de características específicas únicas que non posúe outro produto similar producido noutra rexión. Os produtores amparados neste consello temos asi unha protección legal contra a producción o elaboración deste queixo fora de Galicia.

Queixo Tetilla Hoxe

Cooperativa HOXE forma parte como membro vogal do actual Consello Regulador da Denominación de Orixe Queixo Tetilla. O noso queixo Tetilla Denominación de Orixe Protexida HOXE gañou o concurso nacional do Ministerio de Agricultura como mellor queixo de pasta branda no 2003 e tivo o accésit no 2005.

Se queres ampliar a información sobre o Consello Regulador pódelo facer na seguinte ligazón: máis información.

Comments are closed.