O noso Queixo Tetilla HOXE con Denominación de Orixe Protexida forma parte da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla que é unha indicación xeográfica protexida.
Unha Denominación de Orixe é unha indicación xeogáfica aplicada a un produto, xeralmente alimentario, con unas características e calidades que son exclusivas dun medio xeográfico no que se produce, transforma, elabora e envasa.
Distinguese doutros produtos alimentarios similares que se producen noutras rexions, polo proceso de elaboración, que adoita ser un proceso con técnicas de elaboración tradicionais, e dicir, pouco industrial e con materias primas orixinais da zona de producción. Os produtores que se acollen a Denominación de Orixe, comprométense a manter a calidade do produto elaborado o máis alta posíbel.
A zona de produción do leite axeitado para a elaboración dos queixos acollidos pola Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla comprende todo o territorio de Galicia.
Para a elaboración do queixo protexido por esta denominación empregarase o leite natural íntegro, procedente do ordeño de vacas das razas rubia galega, frisoa ou pardo alpina, ou das súas cruces.
A alimentación do gando basearase fundamentalmente nos pastos e forraxes dá área de produción e aproveitarase o libre pastoreo.
O leite utilizado non conterá calostros, nin conservantes, nin inhibidores ou produtos medicamentosos que poidan incidir negativamente na elaboración, maduración e conservación do queixo, así como nas condicións hixiénicas e sanitarias deste.
Ao termo da súa maduración o Queixo tetilla presentará as seguintes características básicas:
Características organolépticas do queixo tetilla:
- Codia: apreciable, fina e elástica, de menos de 3 mm de espesor, cor amarela palla natural e sen mofos.
- Pasta: branda, cremosa e uniforme, sen presenza de ollos ou con poucos ollos pequenos e repartidos; cor branca-marfil, amarelada.
- Cheiro: suave, lixeiramente acedo e que en conxunto lembra ao leite.
- Sabor e aroma: lácteo, mantecoso, lixeiramente acedo e salgado suave.
Características físicas do queixo tetilla:
- Forma: cónica, cóncava-convexa.
- Peso: de 0,50 a 1,5 kg.
- Dimensións: altura superior ao radio da base e inferior ou igual ao diámetro.
- Máximo: 150 mm de altura e diámetro da base.
- Mínimo: 90 mm de altura e diámetro da base.
Características fisicoquímicas do queixo tetilla:
- Porcentaxe de materia graxa sobre extracto seco: 45 % mínimo.
- Porcentaxe de extracto seco: mínimo de 45 %. ? pH: de 5,0-5,5.
- Porcentaxe de auga en materia non graxa (medido entre os 8 e os 15 días desde a elaboración): entre o 66 e o 72 %.
Etiquetas
Os queixos comercializados ao amparo da Denominación de Orixe con destino ao consumo, tras opter a súa certificación como aptos de acordo coas prescricións do regulamento e do Manual de Calidade levarán unha contraetiqueta de codificación alfanumérica e numeración correlativa que incluirá o logotipo da denominación.
O Consello regulador da Denominación de Orixe, é o que avala e autoriza a exhibir esa calificación aos productores de Galicia que cumpren con esas regras establecidas.
A calificación garante o consumidor un nivel de calidade máis ou menos constante e tamen o mantemento de características específicas únicas que non posúe outro produto similar producido noutra rexión. Os produtores amparados neste consello temos asi unha protección legal contra a producción o elaboración deste queixo fora de Galicia.
Queixo Tetilla HOXE
Cooperativa HOXE forma parte como membro vogal do actual Consello Regulador da Denominación de Orixe Queixo Tetilla. O noso queixo Tetilla Denominación de Orixe Protexida HOXE gañou o concurso nacional do Ministerio de Agricultura como mellor queixo de pasta branda no 2003 e tivo o accésit no 2005.
Se queres ampliar a información sobre o Consello Regulador pódelo facer na seguinte ligazón: máis información.