Queremos tratar un tema que ten moita importancia para que os nosos queixos sean mais sabedeiros: a conservación do queixo.
A temperatura ideal para a conservación do queixo
O lugar mais axeitado sería unha adega húmida cunha temperatura entre 6 e 12 graos ou mesmo nun local fresco, pero como iso non e posible en moitos casos, a solución é gardar o queixo na neveira. O queixo o estar no calor perde a graxa natural porque súa perdendo texturas e sabores. Pero na neveira tamen ten o inconvinte de que o frio seco reseca moito o queixo polo cal e moi importante o envoltorio no que conservalo.
A temperatura ideal para conservar os queixos pode variar entre 4 e 12 graos dependendo si os queixos son brandos, como o Arzua-Ulloa, o Cremosiño ou o Tetilla, ou de pasta mais dura como os de barra HOXE/NENO ou LENDAS. Canto mais brandos, menos temperatura ainda que entre 4 e 12 graos é unha temperatura que vale para todos.
O sitio da neveira onde aconsellamos mantelo o queixo sería nos caixóns inferiores, onde adoitamos poñer a verdura e os produtos frescos.
Envoltorio dos queixos
O queixo o estar na neveira pode chegar a coller sabores doutros productos polo que é moi convinte envolvelos en papel encerado, como o que se usa nas carnicerías, ou mesmo en film plástico ou paños húmidos para que non se fenda pola perda de humidade. Cando non había neveíras as nosas avoas gardaban os queixos envoltos en panos húmidos para a súa conservación. Por iso, se mercas bandexas con liscos de queixos o mellor e consumilos unha vez abertos, senon sería convinte envolvelos para que no se resequen e fendan os liscos.
Outra opción é conservar os queixos en bandexas pechadas como os tappers pero, se nos decantamos por estes envases, temos que ter coidado cos queixos brandos xa que poden fermentarse pola falta de osíxeno e cheirar moi mal. Por eso mesmo os queixos Arzua-Ulloa e Tetilla non se poden envasar o valeiro.
Tempo de conservación do queixo
Ainda que o tempo de consumo preferente dos queixos soe ser longo, entre 3 e 12 meses, os queixos perden as súas propias características de humidade, textura e sabor, o estar na neveira polo que os queixos mais pequenos, os poucos curados, os de pasta branda e os baixos en graxa son os que menos tempo se deben manter na neveira, como moito sobre 20 días.
O Mofo no queixo
Un dos medos do consumidor é o mofo, que son fungos que aparecen na codia do queixo e que non nos deben asustar, os mofos saen na codia de forma natural o que non e malo, pasandolle un trapo húmido saen de forma doada.
Atemperalo antes de comelo
Para rematar, antes de comer un queixo que conservamos na neveira, debemos atemperalo para que estea no seu estado óptimo. A temperatura ideal para consumir o queixo está entre 18 e 20 graos no caso dos queixos brandos e de entre 22 e 24 graos para os queixos que teñan a pasta dura ou semidura. Ademais, temos que ter en conta que canto máis dura sexa a pasta do queixo ou o queixo teña un tamaño máis grande necesitaremos máis tempo para atemperalo.
Agora xa sabes como podes degustar os teus queixos máis sabedeiros!!