A comarca do Deza é un paraíso no interior de Galicia, prados e ríos sucan as súas terras, sendo a gandería a nosa actividade agraria máis importante.
Na Cooperativa HOXE realizamos unha actividade agroalimentaria que xera riqueza no cada vez máis esquecido medio rural galego. Desde a nosa queixería apostamos polo futuro de Galicia dando unha saída ao mundo agrario e axudando ao sostemento e fixación da poboación local e o seu modo de vida.
Produto galego
Agradecemos que os consumidores sigan apostando polos nosos queixos e por todos os produtos galegos porque Galicia é unha terra de sabores e o queixo galego non pode faltar en ningunha mesa.