Cooperativa HOXE deixa de usar o alérxeno da clara de ovo (Lyzosima) en todos os seus queixos, incidindo no seu compromiso de mellora da saúde e calidade.
A Lyzosima, nome comercial dun alérxeno derivado da clara do ovo, utilízase na elaboración de queixos para previr a aparición de bacterias que fan inchar os queixos.
Os queixos Arzua Ulloa e Queixo Tetilla non poden levar este alérxeno, en ningún dos casos, porque non cumprirían o regulamento das correspondentes Denominacións de Orixe.
Os queixos con maduración máis longa son os que adoitan levar na súa elaboración Lyzosima (clara de ovo), o que ven sendo un alérxeno, e como tal debe ir na lista de ingredientes sempre que se use. Na gran maioría dos queixos de barra e curados tanto de vaca como de ovella que se comercializan no mercado úsase, mais por tema económico que por outra cousa, a clara de ovo na súa elaboración para impedir a aparición de inchazóns e contaminacións por baterias.
Hoxe en día pódense usar técnicas de elaboración usando fermentos lácticos que fan a mesma función e que permiten que eses queixos poidan ser consumidos con total seguridade por persoas que teñan alérxias ó ovo.
Os consumidores buscan etiquetas “limpas”, etiquetas que só leven ingredientes naturais na elaboración dos produtos, neste caso os queixos, polo tanto parécenos un paso adiante a eliminación do uso deste alérxeno porque permite consumir os nosos queixos con total seguridade e cunha calidade diferencia doutras marcas comerciais.