Berenxenas recheas de queixo
Ingredientes (4 persoas):
- 4 berenxenas medianas
- 1 cebola grande
- 2 dentes de allo
- 150 g de Queixo Priorato de Carboeiro HOXE curado e raiado
- 150 g de queixo fresco
- 2 ramiñas de perexil
- 2 ramiñas de menta
- 2 ovos
- 20 g. de pementa negra moída
- Aceite de oliva virxe
- Sal
Pasos a seguir:
- Cortar os extremos das berenxenas ó longo, en dúas metades cada unha. Colocar en una fonte de barro, untar con sal e aceite de oliva virxe e enfornar a 160ºC durante uns 20 minutos.
- Unha vez asadas, sacalas do forno e retira-la polpa cunha culler. Reservar.
- Nunha tixola con aceite, sofritir a cebola picada, engadir o allo picado e retirar cando doure.
- Nunha cunca, mestura-la metade do queixo madurado Hoxe co queixo fresco, o perexil e a menta picados, o sal e a pementa. Bater a mestura e engadir a carne das berenxenas previamente reservada, a cebola e os ovos batidos. Mesturar todo ata lograr unha pasta homoxénea.
- Coa masa, enche-los cascos das berenxenas, colocar nunha fonte de barro, esparexer o queixo madurado reservado e enfornar todo durante 15 minutos a temperatura media, ata que estean ben douradas.
- Servir quentiño.