Tenreira galega e queixo 

Ingredientes (4 persoas):

  • 8 filetes de tenreira galega de 40 g
  • 100 g de queixo en lonchas Neno
  • 50 g de chalotas
  • 20 g de manteiga
  • Ceboliño picado

Pasos a seguir:

  1. Pelar as chalotas e cortalas en aros finos. Derretir a manteiga na raclette e sofritilas. Reservalas distribuídas nas palas.
  2. Marcar brevemente os filetes de tenreira na mesma manteiga onde refogamos as chalotas.
  3. Repartilas nas palas enriba das ceboliñas e salpementar.
  4. Cubrir a carne co queixo de barra Neno en rebandas e gratinar na raclette.
  5. Esparexer enriba un pouco de ceboliño picado.