Queixo Lendas do Deza

Queixo Lendas do DEZA

O Queixo Lendas do Deza ten uhna pasta prensada, corteza de cor marrón, de textura elástica e cremosa á vez. Ten un sabor suave e doce con variedades de sabores a froitos secos (noces, abelás, etc).

É un queixo ideal para derretir, acompaña moi ben a todo tipo de carnes e peixes ao forno. Tamén se recomenda en hamburguesas o nunha ensalada.

Tempo de maduración a partir de 45 días.

Peza de 3 kilos aproximadamente.

Marida moi ben con viños brancos e tintos xóvenes galegos e incluso con cervexas tostadas.

Compartir

O queixo de Cooperativa HOXE é un produto totalmente natural, obtido por callado enzimático do leite de vaca con alimentación en pastoreo na meirande parte do ano.

Na súa elaboración só empregamos materias primas naturais, leite, callo, fermentos lácticos e sal.

Os nosos queixos non conteñen ingredientes con colorantes nin aromas e só os que levan codia recóbrense con conservante de uso alimentario para que non teñan mofos.

Recoméndase non consumir a codia nestes queixos que levan codia.

Na nosa queixería elaboramos os queixos dende fai mais de 40 anos de forma tradicional, callada enzimática en cuba, enchido de moldes e prensado.

O secado faíse en cámaras con control de humidade e temperatura e logo envásase según as distintas variedades en caixas de cartón.

Valores medos por cada 100 gramos

Valor enerxético364 Kcal
Graxas

De las cuales, saturadas

30 g

20 g

Hidratos de carbono

De los cuales azúcares

1 g

< 1 g

Proteínas24,0 g
Sal1,2 g