Ingredientes (para 6–8 tostas)
🍞 Pan do país
🐙 150–200 g de polbo cocido
🧀 Queixo A Queixeira
🧂 Sal
🌶️ Pemento doce ou picante
🫒 Aceite de oliva virxe extra
🌿 Perexil picado (opcional)
Preparación
1️⃣ Prequentar o forno a 180–190 ºC.
2️⃣ Dourar lixeiramente o pan no forno ou tixola, só 1 minuto para que non quede brando.
3️⃣ Engadir o queixo: coloca unha boa capa de queixo HOXE sobre cada rebanada. Isto axuda a que o pan reteña humidade e quede máis meloso.
4️⃣ Colocar o polbo: engade os toros de polbo cocido por enriba do queixo.
5️⃣ Ao forno: quenta 5–7 minutos ata que o queixo funda e o polbo quede tenro.
6️⃣ Toque final: rega cun chorriño de aceite, pemento doce/picante e un punto de sal. Engade perexil se queres un toque de frescura. ✨




