Un prato quente e reconfortante para os días fríos, onde a cremosidade do Cremosiño Nai acompaña e liga os sabores da horta 🤍

🛒 Ingredientes (2–3 persoas)

🥔 4 patacas medianas

🥬 1 feixe pequeno de grelos

🧅 1 cebola

🧄 1 dente de allo

🫒 Aceite de oliva virxe extra

🧂 Sal

🌶️ Pemento doce (opcional)

🧀 Queixo Cremosiño Nai (ao gusto)

 

👩‍🍳 Elaboración

1️⃣ Cocemos as patacas con pel en auga con sal. Pelámolas e cortámolas en anacos grandes.

2️⃣ Lavamos ben os grelos e escaldámolos 5 minutos en auga con sal. Escorremos e reservamos.

3️⃣ Nunha tixola ampla, sofritimos a cebola picada e o allo cun chisco de aceite, a lume medio.

4️⃣ Engadimos as patacas e salteámolas lixeiramente ata que collan algo de cor.

5️⃣ Incorporamos os grelos, mesturamos todo con coidado e axustamos de sal.

6️⃣ Apagamos o lume e engadimos o Cremosiño Nai, deixando que se vaia fundindo lentamente co calor residual.

7️⃣ Se apetece, rematamos cun toque de pemento doce 🌶️