Ingredientes:

🥚 4 ovos

🥛 500 ml de leite

🧀 150 g de queixo Tetilla HOXE

🍬 100 g de azucre

🍯 Caramelo líquido para o molde

Preparación:

1️⃣ Quenta o forno a 180 °C.

2️⃣ Nun cazo, quenta o leite e engade o queixo Tetilla cortado en anacos. Remexe ata que se derreta completamente.

3️⃣ Nun bol, bate os ovos co azucre.

4️⃣ Engade o leite con queixo, pouco a pouco, mesturando ben.

5️⃣ Verte a mestura nun molde previamente caramelizado.

6️⃣ Coce ao baño maría no forno durante 40-45 minutos.

7️⃣ Deixa arrefriar e garda na neveira unhas horas antes de desmoldar.

💛 Un clásico co sabor cremoso do noso queixo Tetilla! 😋