Ingredientes:
- 250 g de cogomelos frescos (champiñóns ou boletus) 🍄
- 150 g de queixo HOXE 🧀
- 2 culleradas de leite ou nata 🥛
- Aceite de oliva
- Sal e pementa
- Perexil picado 🌿
Preparación:
1️⃣ Limpa os cogomelos e córtaos pola metade ou en láminas grosas.
2️⃣ Cociñaos nunha tixola quente con aceite, sal e pementa, ata que queden dourados.
3️⃣ Nun cazo pequeno, derrite o queixo HOXE cun chorriño de leite/nata ata obter unha crema suave.
4️⃣ Serve os cogomelos ben quentiños cunha cullerada da crema de queixo por enriba.
5️⃣ Engade perexil fresco ao final para dar cor. 🌿




