Ingredientes
🧀 Queixo O Camiño HOXE
🍞 Rebandas de pan
🍎 1 mazá
🌰 Noces
🍯 Un fío de mel
🫒 Aceite de oliva
Elaboración
1️⃣ Asa a mazá no forno ata que estea tenra e córtaa en láminas.
2️⃣ Torra lixeiramente o pan.
3️⃣ Coloca o queixo HOXE enriba do pan e lévao ao forno ata que comece a fundir.
4️⃣ Engade a mazá asada e as noces picadas.
5️⃣ Remata cun fío de mel e un chorriño de aceite de oliva.




