En HOXE apostamos polos valores solidarios
Coa cultura galega
HOXE Queixos é unha sociedade cooperativa rural agraria moi orgullosa da súa terra, Galicia e da súa cultura galega. Como sociedade de interés social, apostamos polos valores solidarios que proporcionen unha vida máis humana e sostible, mediante un modelo de negocio ético e socialmente responsable.
Colaboramos con diversas sociedades e escolas deportivas da bisbarra do Deza que practican distintas variedades de deportes: rugby, balonmán, fútbol, etc. Fora das nosas fronteiras, dende fai moitos anos, colaboramos económicamente cunha pequena axuda ca organización non lucrativa Acción Contra el Hambre. Somos patrocinadores da sociedade galega non lucrativa Amigos de Galicia. Participamos de forma activa en organismos e con entidades que fomenten a cultura galega e o noso idioma, o gallego. Estamos comprometidos con Galicia, e os nosos produtos están etiquetados en galego.
HOXE Queixos coa cultura galega, máis ala das etiquetas en galego
Somos parte da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros. Un amplio abanico de empresas convocadas polo Foro E. Peinador que etiquetamos no noso idioma, o galego. Firmamos a Carta de Consumo Responsable e Solidario ao igual que moitas outras empresas e corporacións locais. Así mesmo, participamos na que se pode chamar histórica confluencia para ampliar o número de consumidores que fagan viables as nosas explotacións agrarias e as industrias de transformación agroalimentarias. O Parlamento de Galicia manifestou de forma unánime o apoio as marcas comerciais que incorporan a lingua galega nas súas etiquetas.
Edicións Fervenza
Creative Director and Designer
Galeguizar Galicia
Lead Full Stack Developer
Fundación Amigos de Galicia
Marketing and Media Strategist