Ingredientes (12 canapés)
🧀 150 g de queixo galego Arzúa-Ulloa DOP HOXE
🍞 1 baguete ou pan rústico en rebandas
🍅 3 culleradas de marmelada de tomate (ou de pemento)
🌿 Unhas folliñas de tomiño ou perexil
✨ Un chisco de pementa negra (opcional)
Paso a paso
1️⃣ Tostar o pan
Coloca as rebandiñas de pan nunha bandexa e métellas no forno 3-4 min a 180º para que queden lixeiramente crocantes.
2️⃣ Engadir o queixo
Pon un anaco de queixo HOXE encima de cada torrada.
3️⃣ Gratinar
Introduce de novo no forno (ou no grill) ata que o queixo funda e quede dourado polos bordes. 🧀🔥
4️⃣ Toque doce
Engade unha pequena culleradiña de marmelada de tomate enriba de cada canapé. 🍅✨
5️⃣ Decorar
Remata con tomiño fresco ou perexil picado. Faino máis especial cun toque de pementa negra. 🌿
Servir morniños nun prato ou nunha táboa de madeira para darlles un aire máis rústico e navideño. 🎄💫




