Política de calidade

POLÍTICA DE CALIDADE E SEGURIDADE ALIMENTARIA

A Xerencia de COOPERATIVA HOXE S.C.G., consciente da importancia da calidade nos seus produtos e da satisfacción dos nosos clientes, decidiu implantar e manter un Sistema de Xestión da Calidade baseado no estándar IFS PROGRESS FOOD na súa versión vixente, como compromiso de mellora continua e de cumprimento dos requisitos regulamentarios aplicables ás nosas actividades e produtos.

Por todo iso, e como compromiso coa Calidade, establécese a seguinte Política de Calidade e Seguridade Alimentaria, comprometéndose a difundila en todos os niveis da organización e a proporcionar os recursos necesarios para o seu cumprimento, en base ás seguintes directrices:

  • Velar pola seguridade alimentaria e a saúde dos consumidores, dispoñendo dos medios de comunicación axeitados para asegurar o intercambio de información con todos os grupos de interese integrantes da cadea alimentaria.
  • Garantir a concienciación e cultura de seguridade e inocuidade alimentaria de todos os integrantes da empresa.
  • Fomentar a implicación dos nosos traballadores por medio do traballo en equipo, a fluidez informativa, a comunicación interna e a formación para o desenvolvemento profesional.
  • Centrar todos os nosos obxectivos en salvagardar a Calidade e Seguridade do noso produto, mellorando continuamente os nosos procesos e revisando toda a documentación de aplicación.
  • Fomentar o establecemento dunha relación duradeira, beneficiosa e de confianza cos nosos clientes, baseada no cumprimento das súas expectativas e nun trato personalizado.
  • Utilizar a infraestrutura e os medios técnicos adecuados, así como rigorosos controis hixiénico-sanitarios, como factores directamente relacionados coa calidade final e a seguridade do produto.
  • Adaptación continua e dinámica ao mercado, que demanda produtos e servizos innovadores e de maior calidade de forma constante.
  • Actuar coa profesionalidade e experiencia dunha plantilla estable e consolidada.
  • Desenvolver a nosa actividade de maneira sostible e respectuosa co medio ambiente, fomentando o consumo eficiente dos recursos e minimizando os impactos ambientais negativos derivados da nosa actividade.

En Prado, a 7 de xullo de 2025

Xosé Andión Cachafeiro
Xerente