Ingredientes
- 300 g. de arroz
- 50 g. de queixo Cremosiño Nai HOXE
- 1 cebola
- 1 copiña de viño branco
- Caldo vexetal
- 50 g. de tomate seco
- 2 franxas de beicon
- Follas de salvia
- Albahaca
- Aceite de oliva
- Pementa e sal
Pasos a seguir
- Nunha cazola con aceite, sofreír a cebola picada ata que tome cor. Engadir o arroz e freilo un par de minutos, removendo constantemente.
- Engadir unhhas folliñas de salvia picada e o viño branco. Deixar reducir.
- Verter tres culleres de caldo vexetal quente, misturar e deixar cocer a fogo medio ata que o caldo vaia consumíndose. Engadir a medida que se precise.
- Cando el arroz está a punto, procurando que quede algo caldoso, retirar do fogo e salpementar. Engadir o queixo e remover ata que se funda e se misture ben co arroz.
- Servir quente cunhas franxas de beicon cruxintes e uns tomates secos en aceite.