Ingredientes sorpresas de Arzúa-Ulloa
- 4 peitugas de polo
- 250g. de queixo Arzúa-Ulloa Hoxe
- 500 g. de tomate
- 2 berenxenas
- 4 chalotas
- 2 dentes de allo
- 4 ramiñas de romero
- Aceite
- Vinagre balsámico
- Sal e pementa
Pasos a seguir
- Cortar o rabo as berenxenas e cortalas en catro liscos ao longo. Cubrir con film e asar no microondas tres minutos.
- Pelar e picar o allo e as chalotas. Escaldar e pelar os tomates.
- Dorar as chalotas, engadir o allo e os tomates. Salar e cocer durante tres minutos, sen deixar de remover e verter tres culleres de vinagre.
- Quentar o forno a 220ºC.
- Pasar pola sartén as peitugas, tres minutos por cara. Abrilas pola metade e poñer dentro unha loncha de berenxena, unha de queixo e unha ramiña de romero.
- Volver a pechar as peitugas e atalas cun cordel.
- Colócaas nunha bandexa do forno sobre unha base do sofrito de tomate e cebola, salpementar e fornear durante dez minutos. Servir quente.