O Museo Ramón María Aller de Lalín acolleu a presentación do libro O último caseiro, de Xoán Carlos García Porral. Publicado por Edicións Fervenza, é unha obra ambientada no rural na que, a través de pequenos relatos, narrase a vida dun caseiro dende a súa niñez ata a súa vellez.
O acto contou ca presencia do autor; o ilustrador da obra, Caio Samos; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a profesora María Carmen Ares; o poeta e contador de contos Celso Fernández Sanmartín; e os xerentes das empresas Ausama e Cooperativa Hoxe, Miguel Villar e Lito Andión.
“O último caseiro” son pequenas historias basadas en feitos reais dun casiero do rural galego, neste caso da zona de Lalin, pero podía ser de calqueira parte de Galicia interior. Narra a vida dun caseiro e a súa familia que padece as penurias, a pobreza, a escravitude e a inxustiza social de quen nace sen terras nin propiedades propias, o que lle obriga a traballar sempre para o amo.
Un total de 57 relatos divididos en tres etapas da vida de “Martiño”, o protagonista.
Dende HOXE queremos apoiar a nosa literatura, a nosa lingua e aos novos talentos da nosa terra. Realizamos unha pequena pero necesaria achega á sociedade de galega.