Esta distinción, mellor peme agroalimentaria galega, é dada polos propios clientes da cadea que visitaron a campaña “Da terra e do mar, a maior calidade”.
Nosa queixería recibiu o pasado mes de decembro o premio Carrefour á mellor peme agroalimentaria galega. Conseguimos este recoñecemento grazas á votación dos clientes de Carrefour que participaron na campaña “Da Terra e do Mar, a maior calidade”, que se desenrolou nos hipermercados galegos da cadea de distribución.
Os galardóns foron entregados nun acto no Hostal dos Reis Católicos compostelano polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó.
O noso xerente, Lito Andión, foi o encargado de recoller o premio e en primer lugar agradeceu o esforzo e dedicación de quenes formamos a cooperativa, traballadores, produtores e outros colaboradores por conseguir ser elexida a mellor peme agroalimentaria galega. Ao tempo agradeceu ás cadeas de distribución como Carrefour o desenrolo de iniciativas como esta onde se apoian os produtos galegos.
Explotacións gandeiras familiares
Lito fixo especial fincapé na importancia que teñen para Hoxe as explotacións gandeiras familiares, en torno a un centenar, nas que dende a nosa cooperativa recollemos diariamente o leite, así mesmo sinalou a estreita colaboración que existe entre os nosos gandeiros e os nosos veterinarios, tanto na adecuación das súas instalacións como na mellora da súa producción láctea.
Andión destacou o centenar de explotacións gandeiras que entregan diariamente leite á queixería. “Nós representamos o esforzo colectivo dun grupo de traballadores e de gandeiros que queren manter en pé as súas explotacións, facéndoas rendibles”. Resaltou, tamén, o papel dos consumidores, “que fielmente escollen os nosos produtos nun mercado cuberto de ofertas semellantes. Somos unha empresa que entende a responsabilidade social corporativa nos seus xustos termos en relación co medio, e tamén coa nosa historia, cultura e lingua”. Pediu á Xunta que siga esforzándose nas axudas a potenciar campañas como esta, para que o consumidor poida descubrir produtos galegos da mellor calidade.
O noso xerente finalizou o seu descurso con estas palabras: “É tarefa de todos nós concienciar aos consumidores que comprar produtos galegos é xerar riqueza para a nosa terra, e facer sustentable o mundo rural, para darlle un futuro a moitos galegos e galegas”.