Un ano máis dende Queixos Hoxe estamos encantados de colaborar na “XVII edición da Festa da Paella” de Cortegada. A celebración alcanzou este ano outro cheo absoluto cunha cifra récord de máis de 2.000 comensais o que confirma que esta festa gastronómica é unha das máis exitosas da comarca.
O encargado de preparar o xigantesco prato para o xentío foi o paellero valenciano Santi Becerra, que leva 12 anos viaxando a Galicia para ocupar o seu posto na especial cita. Antes que el, foi o seu pai, agora xubilado, o responsable de alimentar ao público.
Os fogóns comezaron a funcionar ao redor das 19.30 horas, coa intención de dispoñer de suficiente tempo de cocción para os 1.300 quilos de comida. Para realizar o colosal preparado, foron necesarios 350 quilos de arroz, 200 de mexillóns e 300 de pito e costelas, entre outras tantas porcións de verduras e auga. O menú compúxose de paella, pan, viño, refrescos, Queixo Hoxe con marmelo, café, augardente e unha cazola conmemorativa (de agasallo).
Queixos Hoxe de 40 quilos
Nesta ocasión, ademais do Queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa HOXE co marmelo para degustar durante a sobremesa, elaboramos catro queixos dunhas dimensións espectaculares. Cada un deles pesou uns 40 quilos, cunha medida de 50 centímetros de diámetro e en cada queixo empregamos 500 litros de leite de vaca aproximadamente.
A Festa prolongouse ata altas horas da madrugada, e a verbena correu a cargo do trío Master e a orquestra Xerusalén.
A comisión de festas de Cortegada xa se puxo a preparar a próxima edición na cal van realizar algo moi especial na que alcanzará a súa maioría de idade coa décimo oitava edición.