Propoñémosvos esta rica receita, Solombo recheo de Queixo, Améndoas e Espinacas, que nos elaborou Davinia Rielo Crespo que é a propietaria e cociñeira do magnífico restaurante Catro Camiños, situado na parroquia de Cercio (Lalín), onde a podes probar.
- 2 Solombos
- 200 grs. de améndoas
- 100 grs. de espinacas
- Queixo Lendas do Deza
- Aceite Virxe
- Sal
- Pementa
Para a crema de queixo
- Queixo Cremosiño Hoxe
- Nata Líquida
- Sal e Pementa
Pasos a seguir
- Abrir os solombos e salpimentar
- Cocer as espinacas cun pouco de sal. Escurrilas ben e secalas con papel de cociña para evitar que leven auga.
- Torrar as améndoas.
- Cortar o queixo en cachos non moi grosos
- Encher o solombo e atalo o mellor posible para evitar que salga o queixo.
- Dourar os solombos en aceite de oliva ben quente e colocalos nunha placa de forno. Cocíñaos sobre 18-22 minutos a unha temperatura de 180 graos.
- Na tixola onde douramos os solombos, poñemos o queixo Cremosiño Nai e máis a nata líquida. Deixamos que ferva e salpimentamos ao gusto. Deixamos reducir un pouquiño.
- Emplatamos con acompañamento de patacas fritas.